O Porriño celebra o seu Concurso de Rondallas

La Voz

O PORRIÑO

M.MORALEJO

O certame terá lugar o mércores, 1 de xaneiro

31 dic 2019 . Actualizado a las 05:35 h.

Día 1 ás 18.00h. • A localidade de O Porriño recibe o ano a ritmo de rondallas. A concellería de Cultura anunciou que este ano haberá aforo limitado para presenciar o Concurso de Rondallas no Pavillón 1 do Polideportivo Municipal. Exactamente haberá 1.668 localidades dispoñibles para o público en xeral que se ocuparán por estricto orde de chegada desde a apertura de portas no recinto, a partires das 17 horas. O Concello contratou unha empresa de seguridade privada que se encargará do control de acceso ó polideportivo. Ademáis habilitaráse unha pantalla xigante no Pavillón 2 onde estarán os componentes das sete rondallas participantes a fin de aliviar o aforo no Pavillón 1. E para que o evento poida ser seguido por moita máis xente, realizaráse retransmisión por streaming. No que atinxe ao concurso, haberá sete agrupacións participantes que actuarán na orde seguinte: Rondalla do Centro Cultural de Torroso, Rondalla Círculo Santa Eulalia de Mos, Mosteiro de Tui, CSCR de Beade, Helios de Bembrive, Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios e Asociación Cultural Musical de Pontellas.