«Flota como poidas» ten aberto o prazo de inscrición en Nigrán

La Voz

NIGRÁN

Imagen de archivo de «Flota como poidas», concurso en el puente de A Ramallosa, en Nigrán
Imagen de archivo de «Flota como poidas», concurso en el puente de A Ramallosa, en Nigrán .

Premiarase o artefacto flotante máis currado e máis cutre, a tripulación máis simpática, a familia máis intrépida e participativa, o tripulante máis vello e máis novo e o clásico galardón «Titanic» para o primeiro que afunda

20 jul 2026 . Actualizado a las 05:05 h.

O Concello de Nigrán abre ata o venres 31 de xullo ás 12.00 horas o prazo de inscrición para participar na xa tradicional concentración de artefactos flotantes chamada «Flota como Poidas», que terá lugar o domingo, 2 de agosto ás 18.00 horas desde a ponte de Ramallosa, no Río Miñor. Os interesados deberán anotarse no formulario web do Concello en www.nigran.es. A recollida de dorsais será no punto de saída o mesmo día de 16.30 a 17.30 horas. Entre tódolos participantes sortearase un kayak e os premiados levarán cadansúa cesta de froitas e o seu diploma e agasallo sorpresa. O Concello recorda que é obrigatorio o uso de chaleco salvavidas, correndo a cargo de cada participante. Coma sempre, premiarase o artefacto flotante máis currado e máis cutre, a tripulación máis simpática, a familia máis intrépida e participativa, o tripulante máis vello e máis novo e o clásico galardón «Titanic» para o primeiro que afunda. O hilarante evento coincidirá coa celebración na mesma contorna da feira de oportunidades Portobelo.