Felipe Villar Trío abre o ciclo Primavera de Jazz en Nigrán

La Voz

NIGRÁN

CEDIDA

Trátase dun dos músicos habituáis da escena do jazz galego dos últimos anos

19 mar 2023 . Actualizado a las 05:10 h.

Hoxe ás 20.00 horas • Auditorio Municipal • Gratis • O Concello de Nigrán estrea o ciclo Primavera de Jazz. Abrirá precisamente cun músico de Nigrán, o guitarrista Felipe Villar, director ademais do Nigranjazz, quen ofrecerá unha actuación en cuarteto con Roi Adrio á batería, Sunil López ao piano e José Manuel Díaz ao contrabaixo. Trátase dun dos músicos habituáis da escena do jazz galego dos últimos anos. No 2014 grava o seu primeiro disco coma líder: Home, e no 2015, Outro, colleitando ambos discos grandes críticas. Xacobe Martínez Antelo actuará no ciclo o venres 14 de abril e o pechará Xan Campos o domingo, 7 de maio.