Unha hora, seis minutos e oito segundos, o tempo que tardou o equipo do IES de Valga en gañar a Olimpíada de Cultura Clásica

La Voz VALGA / LA VOZ

NIGRÁN

Alba Blanco, Iria Collazo e Erea Eitor participarán agora na final estatal do certame, que será o vindeiro mércores

04 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Alba Blanco, Iria Collazo e Herea Eitor, estudantes do IES de Valga, proclamáronse gañadoras da fase autonómica do concurso Odisea de Cultura Clásica. As tres mozas, que cursan as materias de Latín e Grego na rama de Humanidades e Ciencias Socias de Bacharelato, destacaron entre os 298 equipos galegos participantes por ser as que conseguiron responder a todas as preguntas nun menor tempo: unha hora, seis minutos e oito segundos. O equipo concursou baixo o nome de Nefos, que significa nube en grego, e impúxose na final de desempate aos grupos do IES Val Miñor, de Nigrán, e IES Río Miño, de Rábade. Hai que destacar que a marca acadada polo equipo do IES de Valga foi a quinta mellor de toda España.

Alba, Iria e Herea terán unha nova oportunidade de demostrar os seus coñecementos en cultura clásica participando na final nacional do certame, que na súa 18 edición ten como temática a auga en Grecia e Roma. A proba será o vindeiro mércores, día 8, e nesta fase participarán equipos das dez comunidades españolas que superaron as fases autonómicas.