Falece Xosé Manuel Millán, «o grande ideólogo de Moaña» e o seu rexedor entre os anos 2003 e 2011

O Concello decreta tres días de loito oficial e as bandeiras do Concello ondean a media hasta


Moaña

Moaña está de loito tras a morte do seu ex alcalde, Xosé Manuel Millán Otero. «O grande ideólogo de Moaña, que encheu de orgullo de pertenza á súa veciñanza, o compañeiro honesto e leal, o mestre que transmitía amor pola matria e a lingua galega, o poeta que inspiraba a quen o lía. A persoa boa e xenerosa á que tanto lle debemos e a que tanto respectamos, ese é Xosé Manuel Millán Otero, o noso alcalde», escribiu a rexidora. Leticia Santos Paz.

Xosé Manuel Millán Otero faleceu onte ós 56 anos no hospital Povisa tras anos de loita contra unha enfermidade. A perda deste profesor (actualmente no IES das Barxas), escritor, político, pai e amigo, natural da parroquia de Beluso, en Bueu, deixa orfo ó nacionalismo galego. Mantivo o bastón de mando do goberno local entre os anos 2003 e 2011, pero o seu compromiso coa política e coa vida municipal de Moaña, levouno a ser concelleiro da corporación dende 1999 ata o 2015  A noticia, que provocou un fondo pesar en toda a comarca, fixo que o pleno municipal previsto para onte en Moaña reducírase a un emotivo minuto de silencio no que os concelleiros e a rexidora, Leticia Santos, compartiron na súa honra. A sesión suspendeuse en sinal do loito de tres días decretado polo Concello de Moaña, no que ondean as bandeiras a medio mastro. A súa produción literaria é extensa e acadou varios galardóns literarios, como o Premio Esquío de poesía, no 1991, por Este é o tempo do sal ou o Premio Eusebio Lorenzo Baleirón tres anos despois, por As palabras no espello

O CD Moaña uniuse ás condolencias lembrando que durantee o mandato de Millán Otero construiuse o actual campo municipal Iago Aspas Juncal o Casal, que el mesmo inaugurou o 11 de setembro do ano 2009. A corporación municipal ao completo trasladou o seu pesar e as condolencias á familia. «Hoxe a nosa vila perde un referente, moi comprometido coa defensa dos intereses de toda a veciñanza», manifesta o plenario municipal. 

 

 

 

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Vigo

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
9 votos
Comentarios

Falece Xosé Manuel Millán, «o grande ideólogo de Moaña» e o seu rexedor entre os anos 2003 e 2011