A Asociación de Mulleres de Moaña perde á súa activista máis querida

La Voz MOAÑA / LA VOZ

MOAÑA

ARCHIVO FAMILIAR

A profesora Elisa de la Peña será enterrada hoxe

30 jun 2018 . Actualizado a las 06:00 h.

Moaña chora dende onte a perda dunha das súas veciñas máis queridas. Elisa de la Peña, profesora do IES Paralaia e activista da Asociación de Mulleres, será enterrada hoxe nun acto civil no cemiterio ás sete da tarde, no que está previsto que interveñan algúns dos moitos amigos e amigas que deixa no municipio e en todo O Morrazo. Elisa de la Peña dirixiu, dentro da asociación, a aula de cultura xeral e autoestima pola que pasaron mulleres de todas as idades. Esposa do exconcelleiro Manuel Méndez, o Concello rendeulle unha homenaxe en marzo do 2016 con motivo da Festa da Muller Traballadora pola súa labor e entrega desinteresada.