«Declinamos moitas ofertas porque nos parecen irrisorias e indecentes»

Begoña R Sotelino VIGO / LA VOZ

MOAÑA

Paco Rodríguez

O concerto do grupo Milladoiro pecha esta noite o Festival Intercéltico de O Morrazo

29 jul 2017 . Actualizado a las 05:30 h.

O Festival Intercéltico de O Morrazo, en Moaña, chega hoxe á súa terceira e última xornada de concertos. Comeza con Moañesa de Música e Danza e Breogán (21.00 horas, Palco da Música); a veterana formación irlandesa Lúnasa (22.00h, Palco Principal) e conta para o peche con Milladoiro (23.30 horas, Palco Principal), un dos grandes do xénero, pioneiros que desbrozaron un camiño cheo de silvas cando eles empezaron. O gaiteiro Pepe Ferreirós (que tamén toca oboe, tin whistle, mandolina e bouzouki) forma parte da formación orixinal que botou a andar en 1978 e que estivo no certame moañés en moitas ocasións.

-¿É un deses festivais nos que se senten como na casa?

-Si. Vímolo comenzar. Formou parte da nosa historia desde o primeiro momento e aínda que tivo etapas malas nas que prácticamente desapareceu, conseguiu estabilizarse e aí segue. Para nós é unha satisfación que propostas como a deles non esmorzan e tiren para adiante.

-A Vigo hai tempo que non veñen a tocar en modo verán, a Castrelos, por exemplo...

-É certo, pero é que non depende de nós. Acabamos de tocar na Quintana, en Santiago, que por certo estaba abarrotada, e levábamos sen estar alí 5 ou 6 anos. Se o que fai as festas considera que Milladoiro non debe estar, pois será problema deles.

-¿En que momento se atopan?

-Como sempre, traballando, pero as circunstancias non sempre son o boas que un desexaría. Houbo unha eclosión do folc, o panorama mellorou pero despois viu un momento non moi bo. Uns desapareceron, outros susbsisten como poden e nós nos mantemos e seguimos reivindicando o folc. O que non se cotiza non vale. Milladoiro está en outra tesitura. Ou a xente paga o que ten que pagar e valora o que ten que valorar ou isto non vai. Declinamos moitas ofertas porque nos parecen irrisorias e indecentes. Non estamos dacordo con que o folc sea o recheo, e que ata nos concellos máis pequenos sempre haxa para orquestras e artistas entre comillas.

-¿Qué repertorio levan a Moaña?

-Imos presentar algúns temas do próximo disco, que xa está medio gravado, e, por suposto, as clásicas.