A Casa do Pescador

Xesús Cancelas

MOAÑA

A formación do pósito de Moaña foi en 1921

28 dic 2015 . Actualizado a las 10:04 h.

Desde a formación do pósito marítimo de pescadores de Moaña no ano 1921 o seu presidente José Costa Alonso, así coma o resto de directivos e asociados tiñan como obxectivo prioritario edificar o que chamaban a Casa do Pescador, que non comezaría a tomar corpo ata que en Madrid no 1929 o enxeñeiro Fernando García-Arenal fixo un proxecto que serviría de base para a solicitude de ocupación dunha parcela marítimo terrestre ubicada na praia de Moaña. O alcalde da época recomendou como ubicación posible unha parcela situada diante das casas de Abelardo Currás e dos herdeiros de José Pereira. Non tardaron en opoñerse á obra un grupo de veciños alegando que era un espantallo para as edificacións existentes, ademais de ser zona de varada de barcos e secado de redes. A directiva da sociedade alegaba que era unha parcela de recheo de pedras e materias de construción que non servía nin para usos pesqueiros nin para paseo e que os opositores eran uns egoistas. O 11 de marzo de 1935 o ministro de Obras Públicas asina una orde autorizando ao pósito de pescadores para o aproveitamento dunha parcela en zona marítimo terrestre para a construción da Casa do Pescador. Comezan as obras o 11 de xuño. Por fin, o 13 de novembro de 1939 ao día siguinte das festas patronais faise o acto de inauguración.

Memoria de Moaña A.C. NÓs