A despedida de Domaio do mestre Eleuterio Quinteiro

A escola unitaria da parroquia comezou a construiuse no ano 1929

escuela de Domaio, Moaña
escuela de Domaio, Moaña

Agrupación Cultural Nós

A corporación presidida polo alcalde Manuel Pereira Molanes en sesión plenaria do 7 de xuño de 1927 acorda construír polo municipio co auxilio do Estado un edificio destinado a escolas unitarias de nenos e nenas na parroquia de Domaio por ser absolutamente necesario para o servizo do ensino público. Pero non ten resposta afirmativa do Estado polo que no ano seguinte, acordan aportar o 25 % do custo das obras, a ver se así teñen máis sorte e aproban a construción. E, por fin, no ano 1929 comezan as obras.

Coincidindo coa celebración da chegada da República inaugúrase o Grupo Escolar de Domaio, hoxe Centro Cultural Rosalía de Castro. O 24 de maio de 1931 o pleno da corporación dáse por enterado dun oficio do Inspector de 1ª ensinanza autorizando o traslado das escolas de Domaio para o novo edificio e acórdase comisionar ao concelleiro Sr. Fernández para que dispoña a reparación do material que teñen ditas escolas.

A fotografía que comentamos hoxe foi realizada na parte baixa do adro da capela de San Bieito en Domaio, onde estaban aínda os restos dos pozos do liño a carón do río, segundo escribe Pepe Ríos, un alumno dos que están sentados na parte inferior da foto. Relataba nun folio cunha magnífica caligrafía a historia da fotografía relacionando os nomes de case todos os compañeiros e indicando que o mestre don Eleuterio Quinteiro Malvar celebraba algo especial naquel día: non sei se era o seu cumpreanos ou o seu santo.

O que lembro é que nos levou á súa casa e nos deu galletas e algo de beber, fixo unhas rifas e de todo aquelo a min tocáronme dous lápices. Palabras textuais en galego recollidas desa pequena narrativa de Pepe Ríos que recollín grazas á colaboración da súa filla Sesé Ríos que tivo a xentileza de achegarnos o orixinal despois de ver publicada a fotografía no libro A escola pública de Moaña (1786-1970) editado pola Agrupación cultural Nós no ano 2012.

Polas investigacións realizadas sabemos que a celebración á que se refería o alumno foi a súa despedida da escola dado que ese mesmo ano de 1935 foise para Triana, un pobo de Santa Cruz de Tenerife, illa canaria na que xa estivera anos antes e na que aprobara as oposicións de maxisterio no ano 1920.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

A despedida de Domaio do mestre Eleuterio Quinteiro