O éxito do Compañía de María chegou á primeira: «Estamos moi contentos»

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CANGAS

Participantes en Ecovoz do colexio Compañía de María, de Cangas
Participantes en Ecovoz do colexio Compañía de María, de Cangas ,

Ecovoz 2026 | Rapaces do colexio gañador do concurso Ecopreguntoiro falaron en Radio Voz de como viviron a experiencia

08 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Lara, Luciana, Nerea, Yoel e Adrián foron a imaxe da palabra da semana no Colexio Plurilingüe Compañía de María, de Cangas. Fazaña foi o termo escollido para colocar na entrada do centro e para describir o que fixo este equipo de rapaces coordinado por José Antonio Gil que gañou o Ecopreguntoiro na primeira participación deste colexio. «O máis complicado foron as dúas primeiras rondas, despois xa o faciamos moito mellor», comentou Yoel nunha entrevista este venres. «É admirable o traballo que fixeron nas súas horas libres para mellorar a búsqueda dos distintos temas», indicou José Antonio Gil. «O que peor levei foron os rebotes que había cando nós errabamos», dixo Luciana. Non o fixeron moito, e por iso recollerán o premio de campións este vindeiro venres en Cerceda.