O Compañía de María, de Cangas, campión do Ecopreguntoiro 2026

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CANGAS

Escolares do colexio de Cangas participantes este ano no concurso
Escolares do colexio de Cangas participantes este ano no concurso ,

O veterano concurso escolar do programa Ecovoz xa chegou á súa fin este pasado venres

01 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O Colexio Plurilingüe Compañía de María, de Cangas de Morrazo, alzouse o venres co título de campión do Ecopreguntoiro 2026. O colexio pontevedrés superou na gran final ao CEIP Luis Pimentel, de Lugo, nun enfrontamento que se decidiu na Pregunta Sogama, que vale dous puntos e na que os vencedores aproveitaron o rebote despois de que os lucenses erraran. Forman o equipo campión Lara Romero Díaz, Luciana Romero Morales, Nerea Cerqeiro Cosío, Yoel Fandiño Piñeiro e Adrián Calvar Bamio, coa coordinación do mestre José Antonio Gil Martínez. O venres, falarán no programa Ecovoz.