Susto por catro nenos en piraguas na praia de Menduíña

La Voz VIGO / LA VOZ

CANGAS

XOAN CARLOS GIL

Salvamento Marítimo e Servizo de Gardacostas de Galicia mobilizaron recursos aéreos e marítimos pero os atoparon ben antes de actuar

25 jul 2022 . Actualizado a las 09:21 h.

O 112 Galicia recibiu unha chamada de alerta desde a praia de Areacova, en Cangas, por catro menores aos que se lles perderon de vista cando navegaban en dúas piraguas en dirección á praia de Menduiña. Así o explicou a persoa que chamou ao númerode emerxencias preto das 17.30 horas de onte. Salvamento Marítimo e Servizo de Gardacostas de Galicia mobilizaron recursos aéreos e marítimos. Cando o Pesca 1 estaba en camiño, a Policía Local e socorristas indicaron que os menores estaban ben e fóra da auga.