Vilagarcía e Cangas comparten bolsas de emprego para as prazas nos centros de ensino musical

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

CANGAS

MONICA IRAGO

13 ene 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Vilagarcía e o de Cangas veñen de establecer unha liña de colaboración tendente a axilizar e optimizar a cobertura das prazas temporais de docentes dos seus respectivos Conservatorios e escolas municipais de música. Mediante a firma dun convenio de colaboración, os dous concellos compartirán as súas bolsas de emprego de xeito que dispoñan dun maior abano de aspirantes aos que recorrer en caso de ter que cubrir baixas de profesores titulares ou de necesitar atender unha demanda coxuntural de docentes en determinadas especialidades. Con isto axilizarase o proceso para que o alumnado non se vexa afectado por estas necesidades.

A sinatura deste tipo de convenios de colaboración entre administracións é unha posibilidade prevista na lei que permite mellorar a eficiencia pública facilitando a utilización conxunta de medios e servizos públicos.

Tanto Vilagarcía como Cangas dispoñen das súas respectivas bolsas de emprego de profesores de música, confeccionadas tras os correspondentes procesos selectivos levados a cabo con suxeición aos principios básicos de igualdade, mérito, capacidade e publicidade.