Victoria Portas, alcaldesa de Cangas: «Imos seguir traballando por Cangas ata onde os nosos corpos nos deixen»

María Jesús Fuente Decimavilla
maría j. fuente CANGAS / LA VOZ

CANGAS

Oscar Vázquez

ACE continuará gobernando o Concello con só os seus catro membros 

16 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A limpeza tan a fondo da praia de Rodeira levou por diante unha zona de dunas e tamén un pacto de goberno de Cangas que mantiña ACE (Alternativa Canguesa de Esquerda) co PSOE, cada un deles con catro concelleiros. Por mor desa actuación a alcaldesa, Victoria Portas, que nese momento se atopaba ausente pola morte dun familiar, cesou aos concelleiros Eugenio González e Pilar Nogueira, ambos do PSOE e responsables respectivamente das áreas de Deportes e Medio Ambiente. A consecuencia desa decisión é que todo o grupo socialista abandonou o goberno.

-Cal foi o motivo de cesar só a dous concelleiros?

-O que se fai é porque non cumpriron coas súas tarefas, eu non podía estar a nivel persoal e a confianza borrouse por completo. As outras dúas concelleiras socialistas non tiñan nada que ver, pero a nivel de partido tiñan que tomar a decisión e por iso o deixaron.

-Seguirá gobernando vostede Cangas só cos outros tres concelleiros do seu grupo?

-Vou seguir traballando cos mimbres que tiña, non vou dimitir. Eu collín o cargo hai agora cinco meses porque era a miña responsabilidade, non porque o quixese ou o perseguise, pero quería gobernar con xente de confianza e non a sentira con esas persoas. Obviamente quero contar con outros colectivos.

-Quere dicir que xa estaba mal a relación cos seus socios de goberno?

-Si, xa estaba mal antes, isto vén de atrás. Hai un mes ían facer unha moción de confianza por ir eu falar cos veciños descontentos cunha obra. Non podía seguir así. Cangas merécese outo tipo de goberno, é dificil tratar co portavoz do grupo.

-Quere iso dicir que imaxinaba o que podía pasar tralo cese dos dous concelleiros?

-Si, pensaba no que viña enriba, pero a miña responsabilidade era tomar a decisión; non foi fácil, pola contra foi moi meditada e pensada. Esta semana foi moi forte para min a nivel persoal. Pensaba sentarme e escoitar algo diferente e díxenme: ‘Non pode estar pasando isto'. Se cada día hai setenta ou oitenta sinaturas e non podo fiarme, entón non me compensa. A decisión foi para min a máis seria e tamén a menos vistosa.

-Haberá agora outros socios de goberno?

-Ata agora eramos oito, pero facíannos falta once votos para sacar adiante os temas e, con todo, tiñamos reunións continuas. Pídenme xuntarnos de forma continua, pero ás veces os prazos son moi xustos e non dá tempo. Penso poñer una reunión fixa a partir de hoxe.

-Con tódos os partidos, incluido o PP?

-Si, con todos.

-Entón non haberá máis socios.

-Imaxino que non entrarán no goberno a estas alturas, porque non quixeron hai cinco meses, cando eu tomei posesión do cargo. Haberá que chegar a acordos puntuais de forma continua.

-E poderán vostedes catro con tantas áreas?

-Imos seguir traballando e haberá que ver ata onde os corpos nos deixen; tamén hai funcionarios que traballan nos seus departamentos, e ademais, xa houbo momentos que Xosé Manuel Pazos (o anterior alcalde, que finou) non podía estar ao cen por cen ao pé do cañón. Vaise tirar ata o momento que se poida.

-Como as repartirán?

-Eu asumín as áreas das persoas cesadas; as das dimisións, veremos, faremos un reparto delas. Aínda presentaron hoxe mesmo [por onte] a dimisión no Concello.

-Os grupos municipais están a pedir o expediente da limpeza da praia de Rodeira e din que no se lles dá.

-Expediente non existe, ata ese punto chegamos. As poucas cousas que había explicáronse, como é a solicitude de autorización que tramitei a Costas. Iso é o que hai e está compartido con eles. O campionato xestionouse dende a Mancomunidade. Teñen acceso directo ao que hai. O que se fará é un novo expediente cos requirimentos que cheguen, como o de Costas, e compartirase con todos. Agora hai un novo expediente na mesma línea para realizar outros campionatos, que apareceu onte, e quero falalo cos outros partidos.

-Cando se reparará a praia?

-Xa estamos falando cos ecoloxistas e con Costas, teño a empresa parada, de brazos cruzados, esperando por un papel de Costas para rexenerala co máximo coidado. Quero pedir desculpas aos veciños por un escándalo innecesario.

Los cuatro concejales del PSOE hicieron ayer oficial su salida del gobierno local

Los cuatro concejales del grupo municipal socialista presentaron ayer en el registro del Concello de Cangas su renuncia a seguir en el gobierno de coalición con Alternativa Canguesa de Esquerda, tal como habían anunciado antes verbalmente. De esta forma acallaban las malas lenguas que auguraban que solo se irían los dos concejales cesados: el portavoz y responsable de Deportes y Urbanismo, Eugenio González, y Pilar Nogueira, quien estaba al frente de Medio Ambiente, Mar, Rural y Voluntariado.

Las concejalas que decidieron seguir el mismo camino pese a no estar cesadas son Sagrario Martínez, que dirigía Desarrollo Económico, Empleo y Personal e Ingrid Loredana, al frente de Obras, Infraestructuras, Educación y Juventud. Todos ellos seguirán en la corporación, aunque a partir de ahora en los bancos de la oposición.

«Tenemos intención de hablar con los otros grupos, pero el sábado hay asamblea con los afiliados del PSOE de Cangas y haremos lo que se decida allí», explica Eugenio González. Aclara que cuando se formó el gobierno no vetaron a nadie, en alusión a las declaraciones efectuadas el día anterior por el BNG. Confirma que las relaciones con la alcaldesa no eran precisamente buenas. «En cinco meses que lleva en el cargo, yo, como portavoz, nunca me senté a hablar con ella, nunca me llamó, algo que no ocurría con Pazos. Y eso que me tiene todos los días en el Concello, porque yo no cobro. Me comunicó el cese por el Whatsapp personal y a mi compañera ni se lo notificó», comenta.