«Son unha novata en política á fronte dunha supercoalición por Cangas»

Monica López Torres
mónica torres CANGAS / LA VOZ

CANGAS

Oscar Vázquez

Portas asume un goberno no que seis dos seus oito membros son mulleres

16 feb 2021 . Actualizado a las 01:04 h.

«Son unha novata en política e alcaldesa á fronte dunha supercoalición. O reto non é fácil», recoñece a nova alcaldesa de Cangas. Vitoria Portas (1976, Pontevedra) asumiu onte o cargo «por responsabilidade» e compromete «traballo e diálogo con todas as forzas de esquerdas». A cargo de Sanidade e Servizos Sociais en plena pandemia, e cunha contrastada experiencia de traballo social e en movementos como a Coordinadora Nacional en Defensa das Pensións, tócalle ser alcaldesa por causa de forza maior e nunha situación extraordinaria por partida dobre. Asume un goberno no que seis dos seus oito membros son mulleres e preside unha corporación de vinte e un edís con trece concelleiras.

-É unha xornada difícil?

-É un cambio para min e para o Concello, está claro. Dá moita pena asumir un cargo polas circunstancias que se deron, pero cando unha persoa preséntase nunha lista ten que estar disposta a asumir as responsabilidades que se poidan derivar. Hoxe sinto moita responsabilidade.

-Foron negociacións moi duras. Cando soubo que ía ser a alcaldesa?

-Non estabamos preparados para o desenlace e penso que se mezclou o político e o persoal máis do que se tería feito noutra situación polo que certamente as negociacións foron difíciles e moi persoais. Sempre procurei estar á marxe, pero non é fácil e hoxe, ata que se contaron os votos non me crin que era alcaldesa e non o asimilei ata o momento no que o dixo o secretario.