«O emprego do branco e negro creo que transporta a outro mundo»

La Voz

CANGAS

28 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A exposición de Anxo Cabada partiu o pasado mes de xullo de Pontevedra e, unha vez conclúa en Vigo, pasará por outras localidades da provincia, entre elas a vila de Cangas. Na Casa das Artes rematará a súa presenza o 9 de setembro.

-¿Fixo unha planificación técnica especial para afrontar este traballo?

-Non, busquei o obxectivo máis próximo posible e logo empreguei o branco e negro porque sempre foi un espazo onde me movín con máis facilidade; creo que transporte un pouco a outro mundo. A cor está moi asimilada coa publicidade, e eu tento escapar desa imaxe. Utilicei tecnicamente a sinxeleza de ter luz natural e busquei un ambiente de complicidade. Eu me movía ou deixaba que eles se achegaran ao meu estudio, sempre ofrecéndolles unha posibilidade aberta para que se sentiran cómodos. E logo estaba o pano de fondo, como facían clásicos, coma Pacheco en Vigo, para crear ese ambiente de estar nun encontro un pouco forzado ou teatralizado pero cómodo para os dous.

-¿O proceso democratizador experimentado pola fotografía non últimos tempos pon en perigo a calidade artística deste soporte?

-Sufrimos unha saturación de imaxes e pódese perder o sentido de distinguir, pero cando todo o mundo empezou a escribir, supoño que aconteceu algo similar coa literatura. Todo acabou poñéndose no seu sitio e agora a xente sabe distinguir entre as historias que son interesantes e as que non o son.