Morre Ricardo Collazo, membro fundador do grupo A Roda

vigo / la voz

CANGAS

Tiña 68 anos e será incinerado no tanatorio Vigomemorial

01 jul 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Ricardo Collazo Vázquez morreu onte, aos 68 anos de idade, no hospital Meixoeiro de Vigo. Membro do histórico grupo de folk A Roda, foi un daqueles amigos que se xuntaban para cantar nas tabernas e que no ano 1977 publicaron o seu primeiro disco con cancións xa míticas como Pousa, pousa, O andar miudiño e O gato, que obtivo o Premio da Crítica Galega. Collazo vaise case tres anos despois de Adolfo Domínguez, Fito. Hoxe celebrarase unha misa rezada no tanatorio Vigomemorial, ás cinco e media da tarde, antes da súa incineración.