«Un chef no rural» fai a primeira parada en Baiona

Iván Méndez é o cociñeiro do showcooking con degustación


Hoxe • 12.30 horas • Xardíns do Museo da Navegación de Baiona • A vila baionesa acolle unha demostración culinaria a cargo do recoñecido chef galego Iván Méndez no que tradición e innovación mesturanse para elaborar menús e pratos adaptados ás peculiaridades do concello tomiñés. É unha iniciativa que busca dar a coñecer os produtos da contorna e sacarlle rendemento aos alimentos locais. O público poderá asistir a esta demostración gastronómica e a todas as que se realicen ao longo do mes de balde, con entrada libre ata completar aforo. O Mercado Municipal de Tomiño o acollerá o sábado, 16, a partir das 12.00 horas e a Praza do Concello de Redondela será a seguinte parada de ‘Un chef no rural’, a onde chegará o vindeiro venres 22 de xuño ás 19.30 horas. Poñer en valor os produtos da terra dun xeito atractivo é o obxectivo do proxecto Un chef no rural, iniciativa de difusión da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

«Un chef no rural» fai a primeira parada en Baiona