O albergue do Berbés aloxa o seu peregrino número 50.000

Omar Goris VIGO

VIGO

As autoridades co peregrino número 50.000 que se aloxa no albergue público vigués
As autoridades co peregrino número 50.000 que se aloxa no albergue público vigués Xunta de Galicia

Mario Rodrigues, un portugués de 66 anos que vive no Canadá, marcou o fito

28 jul 2026 . Actualizado a las 00:52 h.

O albergue público de Vigo Juan Manuel López Chaves hospedou ao seu peregrino número 50.000. Foi Mario Rodrigues, un portugués de 66 anos natural de Viana de Castelo que reside no Canadá. Foi recibido por Ana Ortiz, delegada da Xunta en Vigo, e por Marcos Gómez Román, comisario do Xacobeo 2027, entre outras autoridades. O establecemento abriu as portas en xullo do 2021 e foi financiado polo Goberno autonómico cunha partida de 1,8 millóns de euros no que é o único albergue público no Casco Vello. Uns orzamentos que consideran ben invertidos no que foi a rehabilitación dun edificio «emblemático» afirman.

Xa son máis de 57.000 peregrinos que obtiveron a súa compostela tras pasar por Vigo no 2026. Datos de récord, que cada ano non paran de medrar. Con respecto o 2025, o Camiño Portugués de Costa, é o terceiro máis percorrido, cun crecemento do 22%. Ana Ortiz, cualifica este fito de «estratosférico» e sinala que o dato real é maior, «non todos os peregrinos recollen a súa acreditación no Bispado de Santiago», aclara. O albergue conta con 90 prazas distribuidas en 7 habitacións, cociña, comedor, zona de ocio e aseos. A delegada da Xunta aproveitou para lamentar a negativa do consistorio vigués de poñer as mouteiras para sinalar o camiño no interior da urbe, provocando «que moitos peregrinos pérdanse».

Un camiño internacional

O comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, destacou a internacionalidade do Camiño Portugués de Costa, onde o 80% dos peregrinos que veñen son de fora do estado español. En verbas do comisario supón un gran impacto económico, laboral e de proxección de Galicia cara o exterior. Entre as nacionalidades máis comúns dos peregrinos do Camiño Portugués de Costa, case oito mil son americanos, preto de seis mil son alemáns e catro mil italianos. A vertente de costa do Camiño Portugués éacolleu a máis de 350.000 persoas na súa primeira década de oficialidade.