A Casa Galega da Cultura acolle un acto para conmemorar o centenario do nacemento da poeta de Vigo
03 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.19.00 horas • Princesa, 2 • No salón de actos da Casa Galega da Cultura desenvolverase esta tarde un acto de recordo a María do Carme Kruckenberg co gallo da celebración do centenario do seu nacemento. O acto constará dunha conferencia titulada A onde fun, tornei a Vigo, ditada pola súa biógrafa, Mercedes Queixas, e se completará cun recital de poemas nas voces de Luísa Abad, Pepe Cáccamo, Oriana Méndez e Silvia Penas.