Apatrigal nomea socios de honra a Carlos Núñez e Estanislao Fernández de la Cigoña

La Voz VIGO / LA VOZ

VIGO

02 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

La Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego

aprobou na súa última xuntanza ordinaria de decembro nomear asociados de honra ao músico Carlos Núñez e ao investigador e naturalista Estanislao Fernández de la Cigoña, ambos, vigueses. O acto de entrega dos galardóns será o vindeiro xoves, 13 de febreiro, na Fundación RIA de Santiago de Compostela). Trala entrega dos premios, o galardoado Carlos Núñez impartirá unha palestra co título O celtismo atlántico como patrimonio artístico de longa duración. Trátase dun evento aberto ao público, ao que poderá asistir calquera persoa, previa inscrición gratuíta no correo apatrigal@gmail.com, e que confirmarán segundo a estrita orde de chegada dos correos, xa que o aforo é limitado.