«As que limpan» pasan o mocho na sala Ártika

La Voz

VIGO

cedida

A compañía A Panadaría volta a Vigo coa peza coa que non para de recoller premios alá por donde pasa

10 nov 2024 . Actualizado a las 05:10 h.

Hoxe 20.00 horas • Avenida Beiramar, 113 • Entradas 16 euros Un cartel pendurado no manubrio da habitación. «Por favor, arranxe o cuarto». Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. Son As que limpan, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico precarizador. As que limpan fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. Hai quen nunca limpou un váter e hai quen limpa cincocentos ao mes.

A compañía A Panadaría volta a Vigo coa peza As que limpan, que non para de recoller premios alá por donde pasa.

A creación e interpretación Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman co apoio dramatúrxico de Paula Carballeira e música orixinal de Ailén Kendelman, ten entre outros, o premio María Casares a Mellor Espectáculo 2023, Premio María Casares a Mellor Dirección 2023, Premio María Casares a Mellor Texto Orixinal 2023, Premio María Casares a Mellor Actriz Protagonista (Noelia Castro) 2023 e premio do público da Mostra Internacional de Ribadavia 2023. O espectáculo é en galego aínda que tamén o fan en castelán camdo saen de Galicia.