O presidente do ente provincial visitou a sede da editorial nacida en Vigo hai máis de setenta anos
10 sep 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado pola vicepresidenta Luisa Sánchez e o deputado de Cultura, Jorge Cubela; visitou a sede da Editorial Galaxia en Vigo. O mandatario provincial percorreu as instalacións e mantivo unha reunión co presidente do Consello de Administración, Antón Vidal Andión; o director xeral, Xose Manuel Soutullo, o vicepresidente segundo, Manuel Meixide Vecino, o conselleiro delegado, Francisco Xavier Martínez Covas; e outros membros do equipo directivo para abordar asuntos de interese mutuo para as dúas institucións.
Durante o encontro, o mandatario provincial destacou o labor que, ao longo dos seus máis de 70 anos de historia, a Editorial Galaxia está a realizar para a protección e divulgación da cultura e das letras galegas. Un compromiso compartido polo ente provincial e para o que o goberno que dirixe Luis López ten a mano tendida para prestar a máxima colaboración posible.