«É unha viaxe completa polas diferentes máscaras que hai ao longo e ancho da paisaxe ourensá», pódese ler na acta sobre o traballo do artista autodidacta de Xinzo de Limia
18 jul 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O escultor Xusto Gude Méndez é o gañador da primeira edición do premio Talento Eurorrexión 2024, da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal, co proxecto Máscaras do Mundo. O xurado concedeu o premio por unanimidade, entre as 18 candidaturas recibidas. «É unha viaxe completa polas diferentes máscaras que hai ao longo e ancho da paisaxe ourensá», pódese ler na acta. Xusto Gude, de 61 anos, é un artista autodidacta de Xinzo de Limia (Ourense), terra onde o entroido está moi arraigado.
O vencedor recibirá unha escultura creada pola artista galega CH Sueiro, que entregará a Gude o subdirector da AECT Galicia ? Norte de Portugal, Xosé Lago, en presenza da directora do Festival IKFEM, Andrea González, o sábado, 20, na antiga ponte internacional sobre o río Miño, entre Tui e Valença. Esta acción realízase en paralelo ao festival 2024, iniciativa cultural transfronteiriza que ten o apoio da entidade.