«Made in Galiza», aguerrida defensa da lingua galega

La Voz

VIGO

Martina Miser

Fernando Dacosta, Sabela Gago, Elena Seijo e Josito Porto compoñen o elenco de esta obra de Sarabela Teatro

02 mar 2024 . Actualizado a las 05:10 h.

Hoxe 20.00 horas • Auditorio Concello de Vigo (pza. do Rei) • Entradas 5 euros • Made in Galiza, de Sarabela Teatro, é un convite á república Independente da nosa lingua. A obra de Sechu Sende (Padrón, 1972) con dirección de Fina Calleja, abre as portas ao humor reflexivo, á poética ao alcance de todo o mundo, a través dun texto que move e conmove. O teatro feito emoción, sentimento, plasticidade e confronto. Cada historia é diferente e está protagonizada por personaxes retranqueiros, combativos, tenros, cómicos e poéticos. Fernando Dacosta, Sabela Gago, Elena Seijo e Josito Porto compoñen o elenco de esta obra que se presenta hoxe na programación municipal de teatro de VigoCultura. A duración aproximada é de 55 minutos.