Danza, tradición, xénero... en unha Tanxugueira en Cangas

La Voz

VIGO

cedida

Fran Sieira Compañía de Danza presenta Ceibe

02 mar 2024 . Actualizado a las 05:10 h.

Hoxe 20.00 horas. • Auditorio Municipal de Cangas Entradas Ataquilla.com • Fran Sieira Compañía de Danza presenta Ceibe, unha peza que investiga a relación entre o xénero e a nosa tradición. A nova proposta dirixida polo bailador Fran Sieira e o bailarín Sergio R. Suárez conta con oito bailadoras e bailadores que falan sobre as identidades de xénero e a tradición a través da linguaxe do movemento. «A peza busca comprender como o xénero nos atravesa socialmente e, de forma máis concreta, como o fai no baile tradicional», contan. Desde xuño de 2023, Ceibe foi collendo forma en distintas residencias artísticas en Allariz, Santiago de Compostela, Ribeira e Ames. O resultado final compartirase na xira de presentación da peza. O elenco de bailadoras e bailadores está formado por Aida Tarrío (Tanxugueiras), Adela Otero, André Adrio, Artur Puga, Cris Canosa, José Adrián Casal, Martín Mondragón (Mondra), María Montero e Patricia Sanchez. A composición musical é de MounQup con cancións de Carlos Quintá; o deseño do espazo escénico, de Laura R. Iturralde; a iluminación, de Fidel Vázquez; o espazo sonoro, de Isaac Millán; o vestiario, Érica Oubiña e o acompañamento de dirección, Gena Baamonde e Andrea Quintana de VACAburra.