Galaxia na procura dunha novela extraordinaria

VIGO

XOAN CARLOS GIL

Convoca un premio especial dotado con 25.000 euros, polos 75 anos da editorial e os 50 do que gañou Carlos Casares cando a empresa cumpría 25 con «Xoguetes para un tempo prohibido»

19 ene 2024 . Actualizado a las 17:35 h.

Cincuenta anos despois de que Carlos Casares gañara con «Xoguetes para un tempo prohibido» o premio Galaxia de novela convocado en 1975 para celebrar o 25 aniversario da editorial, pensando no 2025 e no 75 aniversario da empresa cultural, Galaxia quere recuperar este premio. Hoxe anunciouno nun acto no fermoso Café Vitruvia que participaron Xosé M. Soutullo, director xeral de editorial; Dolores Vilavedra, presidenta do xurado e conselleira da editorial; Marcos Calveiro, secretario do xurado e director de edicións; e Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia.

Sinalou Soutullo que é un día importante o da convocatoria desde galardón xa que ten como obxectivo principal a dinamización da escrita dándolle pulo aos autores que dedidan presentarse. Poderán optar ao premio os maiores de idade que o desexen, ata o 1 de decembro de 2024 e establéce un único premio, indivisible, de 25.000 euros, o que o convierte nun de maior dotación da comunidade. A mala noticia é que haberá que esperar outro aniversario (25, 50 ou 75 anos) para que Galaxia o convoque de novo, porque advertiron que non terá periodicidade anual, nin ningunha outra. A presidenta do xurado, Dolores Vilavedra, manifestou que lles gustaría que a obra elexida escribira un novo capítulo da historia da literatura galega, como o fixo a de Casares no seu tempo. O fallo se coñecerá en abril do 2025. Marcos Calveiro indicou que non haberá unha criba previa como sucede en moitos concursos literarios. Neste caso tódolos membros do xurado lerán tódalas obras presentadas.