A parte máis divertida é o que sucede tralo pano

La Voz

VIGO

ALEJANDRO CAMBA

A Sala Ártika ofrece o espectáculo, para público familiar, Backstage, da compañía ourensana Negrolópez

28 may 2023 . Actualizado a las 05:10 h.

Hoxe ás 18.00 horas • Beiramar, 113 • Entradas 10 euros • A Sala Ártika ofrece o espectáculo, para público familiar, Backstage, da compañía ourensana Negrolópez formada por Iván Davila (actor e clown, na imaxe) e Brais Iriarte (actor e músico). En Backstage, un músico está a piques de dar un concerto en solitario. Antes de que chegue o público, prepárase entre bambolinas. Inmediatamente comezan os problemas: non atopa as cousas, perde as partituras, ponse nervioso... e todo porque o rexedor do teatro é todo un... pallaso. Durante o transcurso da peza, a través do humor físico, a música e o xogo constante co espectador, veremos a parte máis divertida do que sucede antes de saír a escena. Porque, ás veces, o mellor dos espectáculos ocorre tras o pano. Davila e Iriarte se poñen ás órdenes de Chiqui Pereira para dar vida a ese músico que se dispón a dar un concerto en solitario. A peza está recomendada para maiores de 5 anos e ten unha duración de 50 minutos.