«Running», dous actores sudan 20 personaxes

La Voz

VIGO

cedida

O Concello de Mos organiza o pase da vertixinosa comedia que protagonizan Sergio Macías & Stephy Llaryora

02 abr 2023 . Actualizado a las 05:10 h.

Hoxe ás 18.00 horas • Auditorio Centro Dotacional de Torroso Gratis • O Concello de Mos organiza o pase da vertixinosa comedia que protagonizan Sergio Macías & Stephy Llaryora, con dramaturxia e dirección de Esther F. Carrodeguas. En escena, unha actriz e un actor que terán que suar a camiseta para meterse na pel de todas as personaxes, que son 20 en total entre os dous. É unha parodia da nosa ocupadisídima vida actual coas súas eternas présas, ese maratón de teléfonos, móbiles, obrigacións familiares, persoais e laborais, que pretende reflexionar sobre a cabida que pode ter o amor.