Susana Villaverde gaña o Certame de Memoria Histórica

La Voz VIGO / LA VOZ

VIGO

Ramón Leiro

A autora inspirouse nas mulleres da súa familia

21 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Susana Villaverde García, viguesa e veciña de Redondela, recibiu onte o premio do III Certame de Memoria Histórica organizado pola Deputación de Pontevedra e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg). Villaverde, alumna desta escola, gañou coa peza Espigas negras, que fala da revolta dunhas mulleres na defensa do gran que precisaban para facer o pan e que lle querían roubar, a historia das mulleres do Saviñao que en 1946 enfrontáronse ao franquismo.

A gañadora recolleu o diploma acreditativo, unha libreta de coiro e un bolígrafo coa imaxe institucional do certame, para que «escriba alá onde lle veña a inspiración». A autora deulle as grazas ás mulleres da súa familia.