Cinemaldea celebra o último pase de curtas de Cans en Budiño

La Voz

VIGO

Oscar Vázquez

27 nov 2022 . Actualizado a las 05:10 h.

Hoxe 19.00h. • A Forna de Budiño • Gratis • O Festival de Cans despide o ciclo Cinemaldea, que ó longo do mes de novembro levou con moito éxito o cinema en forma de curtametraxes ás zonas rurais do Concello do Porriño. A última oportunidade para ver a selección de curtas premiadas na última edición do Festival de Cans é hoxe no Centro Cultural A Forna de Budiño. O público terá ocasión de ver catro curtas nunha sesión total duns 80 minutos. A primeira será o documental 18 Cans, maioria de idade, retrato sobre a idiosincrasia da aldea de Cans e o seu festival, dirixido por Isaura Docampo. A continuación: Devoradora de nenos, de Fran X. Rodríguez con Santi Prego; Rompente de Eloy Domínguez e La Entrega, de Pedro Díaz, ambas na carreira polos Goya.