Casas encantadas e levitacións

La Voz

VIGO

Miguel souto

O Mago Teto presenta «Ultreia», un espectáculo multidisciplinar de ilusionismo, música e danza

02 oct 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoy a las 18.00h. • Auditorio Concello de Vigo (Pza do rei s/n) • Entradas 5 euros • O Mago Teto protagoniza hoxe a programación de Vigocultura no auditorio do Concello de Vigo. Presenta Ultreia, un espectáculo multidisciplicar no que se combina a maxia, a música e a danza. Percorrendo un camiño máxico que simboliza todos os camiños exteriores e interiores do ser humano, o Mago Teto fará unha viaxe a través de aparicións, desaparicións, casas encantadas, predicións, levitacións, transformacións e moitos máis efectos máxicos que transportarán ao público a unha realidade onde todo é posible menos perder a ilusión. Neste traxecto, Teto viaxará con dous bailarinas (María Roja e Lupe Carballo con coreografía de Xiana Vilas) que o acompañarán en todas as súas aventuras e desventuras, e contará en todo momento coa axuda imprescindible da música, composta especialmente para este espectáculo por Andrés Álvarez, a banda sonora perfecta para que o mago chegue con éxito ao final do seu camiño.

O espectáculo ten unha duración de 90 minutos e é apto para espectadores maiores de 5 anos, sen límite hacia arriba.