A Penzol rescata dos seus fondos a obra sobre o homenaxeado nas Letras 2022: Delgado Gurriarán

b. r. s. VIGO / LA VOZ

VIGO

M.MORALEJO

A mostra aberta na Casa Galega da Cultura recolle aspectos biográficos, obra poética, primeiras edicións dos seus libros e material gráfico familiar

22 abr 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A Casa Galega da Cultura (praza da Princesa, 2) acolle unha mostra que presenta unha selección dos fondos bibliográficos e documentais que posúe a Fundación Penzol relacionados con Florencio Delgado Gurriarán, escritor ao que a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas de 2022. A selección e organización dos materiais foi realizada polas padroeiras da Fundación Penzol Malós Cabrera e Malores Villanueva, que contaron coa colaboración do persoal técnico da Casa Galega da Cultura, así como de Editorial Galaxia na preparación dalgúns dos materiais gráficos.

Organizados en mesas, a primeira recolle aspectos biográficos e á súa obra poética, presenta as primeiras edicións dos seus libros (de 1934 a 1986), material gráfico familiar, correspondencia e orixinais manuscritos e mecanuscrito. A segunda dedícase á súa personalidade política como republicano e galeguista, como a primeira edición do Cancioneiro da loita galega, obra colectiva editada en México en 1943.

A terceira trata do seu seu labor como tradutor e as súas colaboracións en dúas iniciativas da cultura galega no exilio: as revistas Saudade e Vieiros, ademais dun dos seus escasos textos en prosa e algún exemplo de súa poesía de temática mexicana. A cuarta mesa estará dedicada ao exilio galego en México. Pódese visitar ata o 3 de xuño.