A pesares de non interesarlle o mundo da política, Cristal Méndez Queizán si mantén o compromiso pola lingua e o feminismo que mamou na infancia. Demóstrao día a día, na crianza do seu fillo. «Meu fillo críase en italiano e galego. Cando voltamos de Roma para Galicia tiña tres anos e non sabía falar castelán, agora é trilingüe. De momento fala o galego, a ver si continúa. Vai a unha escola rural, que considero un luxo público». A vida na capital italiana ten pouco que ver coa vida en A Guarda, onde ven de poñer en marcha o seu proxecto musical. «Roma é marabillosa para ir de vacacións, pero non para vivir, hai moitas distancias, moito tráfico...». Demasiado ruído para os oídos desta profesional que agora goza da musicalidade do entorno rural galego.
A súa canción preferida
«Think», de Aretha Franklin. «A miña formación é de jazz, tamén me gusta bailar funky. Son músicas que beben do gospel. Aretha Franklin cantou moito gospel, por iso era capaz de chegar a un grao de expresión nos concertos moi grande. Os músicos cando escoitamos música non facemos outra cousa, escoitamos».