Exemplo para a mocidade
Para Alonso, súa nai é «unha de tantas mulleres loitadoras que houbo en Galicia, que sempre foron independentes, sacaron familias adiante e ás que non se escoitou, unha xeración de mulleres que non se mirou para elas». Fala con orgullo de que Isabel non é «nada carca en canto a pensamento». «Ás veces escoita falar a algunha rapaza e pregúntame: ‘Como unha muller tan nova pode falar así?’».
Engade que ademais do deporte, le a prensa a diario e sempre lle gustou ler tamén libros. Antes da pandemia, encantáballe viaxar. Todo un exemplo para esa xuventude que di que subliña que lle «dá vida».