Roberto ten a idea da súa nai «movéndose sempre». Dentro do traballo, que así o requiría, e fóra. Porque moito antes das brazadas e o ximnasio, «ía camiñar polas mañas», algo que sempre axudaba a sentirse ben.
Adeus ás dores
O fillo de Isabel, que non herdou a paixón da súa proxenitora, relata con incredulidade que cada vez que a ela lle doen as pernas, os xeonllos ou lle dá a ciática, ponse de inmediato a facer flexións e asegura que as molestias remiten. «Non sei...», desliza. A ollos dela, o deporte é un dos segredos non xa da súa lonxevidade, senón de estar lonxe de aparentar a idade que ten: «Iso e ser positiva, ver á xente feliz. Encántame que os que me rodean estean ben e todo iso é o que me mantén» di antes de engadir que «por suposto, tamén comer san».