Javi Díaz: «O que me custa adestrar e recuperar día a día seino eu»

Xosé Ramón Castro
x.r.c. VIGO

VIGO

Oscar Vázquez

O porteiro do Rosal, de 46 anos, que tiña previsto deixar o balonmán no 2018, vén de ampliar o seu contrato co Cangas

16 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Javi Díaz (O Rosal, 1975) tiña previsto retirarse no 2018, á súa volta de Valladolid, pero ós seus 46 anos, vén de renovar un ano máis polo Balonmán Cangas. Interpreta que será o último, se ben iso tamén o fixo outras veces e logo continuou. Pero do mesmo xeito, admite que cada vez lle custa máis recuperar e adestrar. É lei de vida para que empezou en Chapela no 1996 e 25 anos despois segue en activo na máxima categoría.

-Por que toma a decisión de continuar un ano máis?

-Tiña pensado deixalo, pero por cousas vou tirando. Logo do partido do Guadalajara, dixen: ‘Este é o último'. Pero despois hai moitas cousas que empuxan a seguir: teño un fillo pequeno que empezou a ir ós partidos e ves como disfruta, tanto Óscar coma Nacho estiveron moi enriba para convencerme e tamén a xente, que me dicía que seguise un ano máis, que estaba ben. Acabáronme máis convencendo que outra cousa.

-Se lle pregunto se este é o último ano seguro que di que si, pero logo xa se verá.