O escritor e académico Franco Grande xa ten un fogar para sempre en Vigo

María Jesús Fuente Decimavilla
maría j. fuente VIGO / LA VOZ

VIGO

M.Moralejo

Unha placa na casa da rúa Policarpo Sanz, onde viviu, recorda a súa figura

27 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Xosé Luis Franco Grande foi durante preto de sesenta anos un orgulloso veciño de Vigo. Dende onte, o seu fogar estará para sempre na cidade que amou. Unha placa descoberta nos números 36-38 da rúa Policarpo Sanz lembra «ó poeta, escritor, membro da Real Academia Galega e avogado». Son só algunhas das moitas facetas que adornan ao lexicógrafo nado en Tebra (Tomiño) en 1936 e finado o pasado ano en Vigo.

Nun acto emotivo a pé de rúa, promovido polo Concello de Vigo, todo foron loanzas á súa figura e ó seu talento. «Uns dos grandes poetas do século XX e autor dun libro memorialístico fundamental sobre a súa xeración, Os anos escuros», dixo o escritor e expresidente da Real Academia Galega (RAG) Xesús Alonso Montero. Destacou a súa faceta como lexicógrafo, dramaturgo e traballador na radio «en momentos heroicos». Grande foi tamen artículista e plasmou a súa pluma durante moitos anos en La Voz de Galicia.

O actual presidente da RAG, Víctor Freixanes, recordou os primeiros encontros na Penzol con don Paco (Fernández del Riego) e Xosé Luis (Franco Grande). «Se reunían alí a soñar e falar do país». Do seu diccionario galego-castelán, dixo: «Foi un dos grandes best seller moitos anos e un maxisterio para nós». Na súa terra lle enseñou onde estaban as palabras: «Agochadas na terra agardando por nós».