Xela Arias en imaxes e palabras

La Voz

VIGO

M.MORALEJO

O Museo do Mar adica unha mostra de carácter literario e fotográfico sobre a autora homenaxeada nas Letras Galegas

15 may 2021 . Actualizado a las 05:25 h.

O Museo do Mar sumouse esta semana as celebracións do Día das Letras Galegas coa exposición con textos poéticos da autora homenaxeada este ano, Xela Arias, e fotografías de Xulio Gil, que era a súa parella. Tigres coma cabalos é unha mostra que forma parte dun proxecto artístico conxunto de carácter literario e fotográfico, concibido en 1990 entre a poeta e o fotógrafo. Nela poden verse 48 fotografías de gran formato acompañadas por textos de Xela Arias, que aparece retratada en numerosas imaxes.

A exposición pódese ver ate o 30 de xuño na sala de exposicións temporais do 1º edificio do Museo do Mar de Galicia. É gratuíta e permanecerá aberta no seguinte horario: de martes a venres de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas e sábados, domingos e festivos de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20. horas.

A Fundación Penzol tamén organiza unha mostra de libros e documentos sobre a homenaxeada, que se expoñen en catro mesas vitrinas na entrada da Casa Galega da Cultura de Vigo, na Praza da Princesa. Os fondos proceden da Biblioteca Arquivo Fernández del Riego-Concello de Vigo e da propia Fundación Penzol. Os contidos están agrupados en apartados sobre a súa infancia, a súa obra de creación publicada, unha selección dos libros por ela traducidos e editados e materiais posteriores ao seu falecemento. Pódese visitar ata o 31 de maio de 2021, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres,