Relatos novos e fotos con pecado

La Voz

VIGO

M.MORALEJO

O Museo Liste promove dous concursos

07 feb 2021 . Actualizado a las 05:25 h.

O Museo Liste, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, promove un concurso. Baixo o lema Como cambia o conto... convidan a tomar como base un conto ou historia popular e transformala adaptándoa aos novos tempos. Prazo de presentación dos traballos ata o 26 de abril. Tamén convoca unha nova edición do su Concurso Fotográfico co gallo da celebración do Día Internacional dos Museos (18 de maio). Este ano a proposta responde ao título Pecados capitais. A gula, a ira, a envexa, a luxuria, a pereza, a soberbia, a avaricia, conceptos que a igrexa católica clasificou como capitais, fonte ou principio doutros pecados. «É unha invitación a que atrapades coas vosas cámaras manifestacións destas características». O prazo é o mesmo, o 26 de abril. Bases completas na web mudseoliste.org