Exeria mostra Santa Trega da man de Os Quinquilláns

La Voz

VIGO

cedida

Cada mércores ate o 26 de agosto

09 ago 2020 . Actualizado a las 21:38 h.

O Concello da Guarda repite a experiencia das visitas teatralizadas despois do éxito acadado no verán de 2019, a cargo da Compañía Os Quinquilláns. Cada mércores ate o 26 de agosto, dous personaxes visitarán o Castro de Santa Trega, nunha actividade que pretende sorprender a todos os asistentes. A compañía será a encargada de realizar esta actividade que nos transporta a época mais tardía do Castro da man da primeira muller peregrina, Exeria, quen trouxo ata a Península Ibérica o culto a Santa Trega. Aforo 25 personas, previa inscripción en centrocultural@aguarda.es ou 986611850 (9 a 14h.)