O Museo do Mar amosa a vida e a obra de Ricardo Carvalho Calero

O centro da Xunta de Galicia acollerá ata o15 de xullo a exposición «A voz presente»


VIGO

A Associaçom Galega da Língua, AGAL, e a Xunta de Galicia levan ao Museo do Mar a exposición A voz presente adicada a Ricardo Carvalho Calero, o persoeiro a quen a Real Academia Galega dedicoulle este ano o Día das Letras Galegas.

A mostra está comisariada por Carlos Quiroga e José Luis Rodríguez. Consta de varios paneis nos que se expoñen a vida do filólogo ferrolán, mais tamén se usan textos do propio Carvalho onde el mesmo se explica.

A exposición permanecerá aberta de martes a domingos de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. A entrada é gratuíta.

A exposición xa pasou por varias localidades galegas e incluso ten unha versión dixital, que reconverte os doce paneis das exposicións físicas. Pódese acceder a ela a través de Carvalho2020.gal.

Na versión física, que se poderá ver ata o vindeiro 15 de xullo no Museo do Mar de Galicia, os cinco primeiros paneis marcan unha liña do tempo con datos relativos ao percorrido vital do autor, os espazos onde este se desenvolveu, as circunstancias políticas que o rodearon e a súa obra.

Complétase o proxecto expositivo con outros cinco paneis centrados en distintos aspecto da súa figura e do seu legado.

O Museo do Mar de Galicia presenta así dúas exposición temporais xa que tamén acolle unha mostra do pintor Nelson Villalobos.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Vigo

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Museo do Mar amosa a vida e a obra de Ricardo Carvalho Calero