O festival Sinsal, que cancela a edición do 2021 na illa de San Simón, revela que tiña no seu cartel a Suzanne Vega

O certame mantén o proxecto Sinsal Litoral para este verán


vigo / la voz

«Non navegaremos a San Simón en 2020; remaremos no litoral. O festival Sinsal SON Estrella Galicia aprázase para 2021 pero a organización desenvolverá o proxecto paralelo previsto para as mesmas datas deste mes de xullo». Deste xeito anuncia o certame que este verán non sumará unha nova edición, que sería a décimo primeira no arquipélago redondelán. «Resulta imposible garantir a seguridade sanitaria de público, do equipo de traballo e dos artistas. Nesas mesmas datas, e tal como xa estaba na previsión de Sinsalaudio, desenvolverase o proxecto Sinsal Litoral, do que vos anunciaremos emprazamentos e actividades nas vindeiras semanas, pendentes da evolución da pandemia e das directrices sanitarias», engade a organización.

O festival, ademais de caracterizarse pola súa sostibilidade, tamén é ben coñecido porque hai anos que non adianta o seu cartel, que é sorpresa ate desembarcar na illa. Pero este ano, como xa non haberá sorpresas, decidiron desvelar o cartel que se perdeu. Entre os artistas participantes hai nomes tan coñecidos como o da cantante norteamericana Suzanne Vega, que se fixo célebre nos anos 90 coa súa canción Luka, o británico Arlo Parks e o asturiano Rodrigo Cuevas.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Vigo

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O festival Sinsal, que cancela a edición do 2021 na illa de San Simón, revela que tiña no seu cartel a Suzanne Vega