«Parece que hai unha demanda para despenalizar a eutanasia»

VIGO

MARCOS MÍGUEZ

O catedrático de Filosofía do Dereito falará hoxe en Vigo dos escenario xurídicos ao final da vida

17 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A asociación de traballadores sociales Contorna Social organiza hoxe unha conferencia de José Antonio Seoane Rodríguez titulada Escenarios ao final da vida. Será a partir das 18.00 horas no salón de actos da ONCE, en Gran Vía, 16.

-¿Cal é a finalidade da súa intervención?

-Aclarar a confusión que existe nos diferentes escenarios que se dan ao final da vida dunha persoa.

-¿A que se debe a confusión?

-Fundamentalmente é debida á identificación equivocada de moitas actuacións asistenciaIs coa eutanasia. Eu propoño unha reflexión sobre os cambios nas relacións asistenciais, tanto dos profesionais sanitarios como do ámbito social. É necesario reflexionar se son suficientes as que existen ou conviría que a sociedade dialogase sobre unha puntual despenalización da morte medicamente asistida.