«A cociña axuda aos nenos a demostrar a súa autonomía»

«Receitas pequerrechas» e o terceiro libro de Rocío Garrido, que o día 23 organizará un obradoiro no mercado do Progreso


Vigo

Unha tarde de choiva, un neno na casa con ganas de xogar e un plan para facer a merenda. Eses son os ingredientes que se atopan no libro Receitas pequerrechas, cos que Rocío Garrido busca recuperar as ganas de cociñar en familia. Arrincou no mundo as letras da man dos fogóns, cado abriu un blog en Internet que rematou converténdose nunha publicación: A cociña do meu avó. Coa boa acollida e un pemio a nivel estatal baixo o brazo, Rocío non dubidou á hora de lanzarse a escribir de doces galegos, unha publicación editada por Galaxia. En paralelo, chegaron os obradoiros cos pequenos da casa e as aventuras coas súas sobriñas e o seu afillado. Foi así como se xestou a súa terceria novela.

- Que poden atopar os máis pequenos no libro?

- Son 25 receitas salgadas e outras 25 doces, moitas de obradoiros que fixen con nenos e que tiveron moi boa acollida e outras pensadas para que se fagan en familia, para compartir un momento con eles. Está pensado para que eles sexan os protagonistas, así que non hai nada para fritir, porque é o máis perigoso. A maioría poden facelos sós, os nenos de entre 5 e 12 anos, non teñen ningunha dificultade. 

- Como é a acollida que está tendo?

-A finais de novembro fixo un ano que saíu á rúa e ten moito éxito. Está editado en galego pero hai moitos nenos que veñen en verán aos obradoiros e logo queren o libro e o levan ás súas casas, en Suiza ou en Estados Unidos. Hay casos así, de fillos da emigración que na súa casa queren que saiban cociña da súa terra. 

- Pero as receitas non só son de pratos galegos

-No, hai de todo, dende un guacamole gamberro a unhas empanadillas. É unha cociña de fusión porque é o que lles gusta aos nenos, facer cousas que lles chamen a atención. Porque escoitan na televisión hoxe en día falar moito de cociña. Tamén intento que proben productos que non lles gusta, como o brócoli. Misturado coa carne de hamburguesa cómeno perfectamente. Trátase de que proben a e experimenten eles. A cociña axuda aos nenos a demostrar a súa autonomía. 

- Axudan moito os programas de cociña da televisión?

- Están moi influenciados, igual dos 20 nenos que chegan ao taller 15 deles ven cociña na tele, pero o que mais se nota é o que cociña na casa. Os que normalmente están na cociña e axudan aos avós ou aos pais. E ten moitos beneficios, por explemo para a movilidade de todos os dedos. Estamos perdendo habilidades coas mans que simplemente amasando xa se manteñen, é un bo xeito de desarrollo da psicomotricidade fina. Ademáis, cando amasan tamén centran a atención. E a posibilidade de logo comer o que fan... é perfecto. 

-Que hai diferenzas nota nos obradoiros entre nenos e maiores?

-Cos ollos pechados, cando hai catas a cegas, eles acertan máis que os pais. Cos anos vamos perdendo sabores pero eles van máis por instinto e como lles digo que asocien os sabores a cousas que xa coñecen e probaron vailles moi ben. É un xeito de xogar, un día proban anís, logo cóntolles sobre él e facemos unha receita de rosquillas, por exemplo, e falamos de anécdotas. 

-Aínda non se perdeu o de cociñar en familia de todo?

- Nos obradoiros hai nenos que proban o que fan pero moitos gardan as coiusas para levarllas á familia. Ilusionanse moito por demostrar esa autonomía. E algunhas nais e pais piden logo a receita para repetila na casa, porque logo algún neno quere probala de novo e ensinarlles. Para iso é o libro, para cociñar en familia. Hai dedne ovos recheos a pizzas nas que eles fan a masa, ou turrón de chocolate e uns batidos moi ricos. Moitas veces deixamos logo que decoren de xeito libre e aí pódese ver moitio dos nenos, quen parece que ten máis lado artístico, máis matemático... Porque a cociña tambén slles serve para practicar matemática: facer cantidades, cortar en metades. Sérvelles de exemplo práctico de algo que moitas veces só practican na libreta. 

-Traballas xa no próximo libro?

-Sempre se está traballando nalgo máis. Cada vez máis xente maior se anima a darnos as súas receitas de postres títpicos galegos. Había xente moi reacia pero comprende que é un traballo de recuperación e que moitas veces cando eles falten desaparecerá. Cando vou polos concellos e asociacións sempre intento preguntar. 

- Que hai no Nadal na casa dunha cociñeira?

-No Nadal é cando máis descanso, non cociño moito, axúdolle á miña nai. Somos de algo de marisco e comida típica, un bacallau con coliflor, un galo da casa asado, un abadexo cocido e un pouco de turrón. Tiramos sempre do mar, porque vivimos en Sanxenxo, aínda que as miñas sobriñas viven en Vigo. 

A novela será presentada o luns 23 de decembro ás 12.30 no mercado do Progreso e haberá un obradoiro de cociña para os nenos. 

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Vigo

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«A cociña axuda aos nenos a demostrar a súa autonomía»