A regueifa toma Valladares

La Voz

VIGO

Oscar Vázquez

O certame conta hoxe con convidados de luxo para despedir a 22 edición do evento que cuida da tradición oral

14 dic 2019 . Actualizado a las 18:51 h.

Hoxe?•?18.30h.?•?Auditorio Valladares?•?Entrada libre• A vixésimo segunda edición do Certame Internacional de Regueifas celebra no Auditorio do Centro Veciñal de Valadares a última xornada con actividades paralelas orredor das distintas manifestacións artísticas nas que están presentes a oralidade, a improvisación, a retranca e o verso clásico. Para iso convidaron aos seguintes artistas: Miguel de Cobres, guitarrista de procedencia soriana, pero baqueteado na tradición galega de furanchos, magostos, seráns e integrante do grupo SPIL, nesta ocasión contará a súa experiencia co galego, para ir deixando que flúa o espectáculo a través da súa interactuación cos espectadores, pero sempre co son da guitarra presente.

Lorena Pinheiro, traballadora social cun master en estudos de xénero e mediación familiar, criouse nun bar dunha aldea do Condado, onde captou moitas das historias que escoitou e que das que agora nos vai a facer partícipes, introducindo nelas as técnicas teatrais e narrativas aprendidas das millores expertas neste eido que temos no país, xunto co acompañamento rítmico da pandeireta, que tamén usara para recitar e interpretar temas populares.

Akira Valero, actriz, pedagoga, clown e improvisadora, que fará un monólogo con aire de bar, pois titúlase “Cunca Recunca” apto para tódolos públicos.

Cháchara Pro, dúas actrices galegas con gran recoñecemento entre os sabedores da dificultade que entraña a práctica do Teatro Improvisado, de feito, tan é así que son reclamadas para formar parte dos elencos doutras compañías desta disciplina de todo Estado, nas que teñen papeis estelares. «Neste show crearanse historias nun plis- plás nas que a intervención dos espectadores é fundamental, pero buscando sempre que teñan unha resolución divertida e que creen a maiores, a impresión de que estamos a disfrutar dun momento irrepetible», dín desde a organización.