Ledicia Costas, escritora: «O público infantil e xuvenil é tan entusiasta como esixente»

L.Míguez VIGO

VIGO

MARTINA MISER

A xoven viguesa preparar para marzo unha historia de humor macabro e traballa nunha colección baseada na señorita Bubble

04 dic 2019 . Actualizado a las 12:15 h.

A receita fíxose a fogo lento entre os soños dunha nena encandilada coas letras e os da lectora que gozaba con Astrid Lindgren, autora da famosa peliroxa Pipi, ou con Roal Dahl, creador de Matilda. Con esos ingredientes saiu desa pequena unha escritora, Ledicia Costas, que non deixa de colleitar éxitos, especialmente no campo da literatura infantil e xuvenil. Esta viguesa licenciada en Dereito está volcada no mundo das letras dende a súa adolescencia e éxitos como «Unha estrela no vento», «Escarlatina a cociñeira defunta» ou «Un animal chamado néboa» confirman que foi a decisión correcta. 

- Algunha vez pensou que se adicaría á literatura infantil e xuvenil cando comezou a escribir?

-A verdade é que ata ben entrado o instituto a literatura infantil e xuvenil que lera era sempre traducida, ata «Cartas de inverno». En galego non tiña lido moido e a maioría eran de autores coñecidos, como Michale Ende ou Roal Dahl. Primeiro me fixeron lectora e logo escritora, entre todos eles lograron que prendera una chispa que me fixo o que son. E como empecei a escribir moi nova, non era consciente de que o que escribía era literatura xuvenil.

- Ten un público moi especial e sincero

-O público infantil e xuvenil é tan entusiasta como esixente, se lle gustas son os máis fieis e van ler cada libro con absoluta devoción, pero se os defraudas vai a ser terrible. É moi entregado e moi esixente, o que é unha mezcla explosiva. Se sabes que das o mellor de ti, que vas polo bo camiño, vas ter lectores para sempre. Hai nenos que comezaron con 9 anos a seguirme e con 14 continúan a miña traxectoria. Hai pouco que nunha feria unha nena de 11 anos se achegou á editorial para preguntar canto custaba «Infamia», para saber se lle chegaba os cartos que levaba. No posto dixéronlle que era para adultos, que mellor escollera outro título, pero a nena contestou que xa o lira todo de Ledicia Costas, que só lle faltaba ese. Isto quere dicir que hai un grupo de lectores que se emocionan e siguen de xeito fiel. 

-E ademáis que interactúan moito máis co escritor, a través das visitas a escolas ou librarías

-O que mais me gustan son as sesións de firmas, nas que vou normalmente acompañada de ilustradores. Para eles é un momento para celebrar, ata certa idade ademais son moi fetichistas e a posibilidade de levarse un debuxo ou un libro adicado é moi especial. Este Nadal tamén vou facer sesións de sinaturas porque o público agradeceo moito e paréceme un regalo de Nadal moi bo. Haberá na libraría Cartabón, en Vigo, preto das datas das festas e na libraría Pedreira, en Santiago, o sábado 14.

MONICA IRAGO

- En que traballa agora?

-Estou escribindo a segunda entrega de «A señorita Bubble», que saiu hai dous anos con moi boa resposta. Os nenos pedían máis así que decidín converter o libro nunha coleción. Esta segunda entrega sairá para o Nadal 2020. Ademais, en marzo sacarei outra novela infantil, unha sorpresa, onde toco outra vez o humor macabro, que é do que mais me gusta, onde me sinto mellor. Estou en fase de correción e edición, é unha historia gótica e infantil, o ilustrador está traballando no texto. 

-O bo entendemento cos ilustradores é vital

- A ilustración é unha parte clave para conquistar ao público, multiplica o valor do libro. Cando vou a un cole sempre me preguntan se vai o ilustrador, repítese en todas as visitas. O meu público aínda é do que lle gusta moito debuxar, ás veces co tempo se perde o contacto co debuxo e nesas idades aínda o teñen. Cando vai o ilustrador e debuxa algo xa non hai que facer moito mais. 

-Elixe a editorial ou pode opinar?

- Sempre negociamos, confío no criterio da editorial pero también confeso que teño as miñas preferencias. Encantaríame saber debuxar, sigo con devoción a moitos ilustradores de diferentes países. Non é doado atopar un ilustrador que saiba atopar no teu texto as claves e saiba plasmalo. É moi importante que esa maridaxe funcione. Logo chegas ás escolas e os nenos fan murais e todo tipo de actividades sobre os debuxos, para eles é un extra. Cada vez se valora máis o libro bonito, o libro obxeto, case un album, moitas editoriais traballan nesa línea, nunha edición moi coidada.

- A Ledicia nena, cómo vivía o Nadal?

- Son unha tola do Nadal, tal vez quede fatal dicilo, pero son das que vai repartindo sorrisos e felicidade, encántanme as sobremesas de Nadal, o mazapán, o tronco, as reunións familiares... Quitándolle a connotación relixiosa, que aí non entro, son moi entusiasta do Nadal, en outubro xa estou poñendo cousas na casa. 

- Se tiveras que elexir un escritor que te marcou, cal sería?

- Astrid Lindgren, a autora de Pipi mediaslongas, abriume a un mundo descoñecido, tanto primeiro no libro como logo despois a serie. Pero hai tantos que é difícil escoller, poida que se me preguntas outro día diga un diferente. Pero algo había nese universo que me prendeu na cabeza. 

- Ledicia Costas só se imaxina como escritora ou habería alternativas?

- Como fixen dereito, o lóxico sería dicir que sería avogada, pero o certo é que senon fose escritora meteríame no mundo editorial, tal vez cun proxecto propio, pero creo que nunca escaparía do sector do libro, o meu mundo é o da palabra. 

ANA GARCIA