As industrias culturais teñen a súa feira

VIGO

CAPOTILLO

AXENDA | Culturgal concentra en tres días máis de centos actos e actividades relacionadas coa creación

29 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Culturgal, a feira da actividade cultural en Galicia, comeza hoxe no Pazo da Cultura de Pontevedra e finalizá o domingo 1 de decembro. Durante tres días a feira presenta un programa de actividades que se espallan polos escenarios Carpa, Libro, Foro, Familiar, Audiovisual e Arte Contemporánea. En total, máis de cen actos e actividades nunha programación que se constrúe coas propostas de empresas, artistas e institucións.

Esta actividade, que este ano ten por lema Dálle unha volta á Feira! conta co apoio da Xunta de Galicia, Concello de Pontevedra, Deputación de Pontevedra e Ministerio de Cultura.

A programación de hoxe comezará ás 10.00 horas coas xornadas profesionais da escena galega, onde se debaterá sobre os distintos modelos de xestión teatral. Ás 11.00 horas, o CSIC Galicia levará a súa campaña de recollida de dentes de nenos incluída nun estudo sobre a evolución humana. A esa mesma hora inaugurarase a exposición dos traballos gañadores da XIV edición do Premio Luís Ksado de creación fotográfica.

Ás 11.30 horas chegará o contacontos dos Piñeiriños e a exposición O Camiño do Santiago debuxado. Ledicia Costas manterá un encontro con escolares ás 12.00 horas, momento no que terá lugar a inauguración oficial da feira.

A programación matinal contempla unha charla formativa sobre financiamento de coproducións internacionais de cine, e unha performance de Uxía Morán titulada A última cea.

A programación da tarde ten como momentos máis destacados as actuacións de Canto d’aquí, Barafunda, Nastasia Zürcher, unha performance de Fran Remiseiro, Bouba Pandereteiras e un contacontos de David Lorenzo.

Marcus Daniel Cabada presentará a colección Avis Rara; haberá un encontro co ilustrador Kiko da Silva; e varios encontros profesionais sobre distintos aspectos das industrias culturais. As entradas custan 3 euros para adultos e 2 para nenos, e hai abonos para os tres días.

Mañá voltará a abrir ás súas portas a partir das once y pechará as nove da noite.