«Apostamos por un cicloturismo real para desfrutar da bicicleta»

Alberto Estévez Ingelmo VIGO

VIGO

MARCOS CANOSA

A cuarta edición do Desafío Delio Fernández percorrerá O Morrazo nunha nova festa do ciclismo

14 ago 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Xa é o cuarto verán consecutivo que os participantes do Desafío Delio Fernández darán a volta a O Morrazo e desfrutarán do entorno subidos a unha bicicleta. O evento que se celebra o domingo 18 está dedicado a Javier Mínguez, actual director da selección española de ciclismo e unha institución do deporte, e haberá figuras recoñecibles como Óscar Pereiro. O moañés Delio Fernández (Moaña, 1986) ponlle nome á carreira que se leva a cabo na súa localidade natal, o que significa toda unha honra para o ciclista.

- Supón un orgullo organizar a proba en Moaña, o lugar que o viu medrar?

- Por suposto, dende o primeiro momento no que a Asociación Deportiva Punta Fondón, que é a encargada da organización, me propuxo darlle o meu nome a este evento cicloturista tiveron todo o meu apoio. É toda unha honra.

- É a cuarta edición, existe algún cambio con respecto a anos anteriores?

- A filosofía segue sendo a mesma: é unha proba cicloturista onde se achega xente que non só ven de Galicia, hai participantes de Portugal e aínda algún de máis lonxe. É un percorrido de nivel medio-alto con velocidade controlada para que a xente goce do noso deporte, o ciclismo, á vez de que se coñeza Moaña e o seu entorno. Na parte final temos un porto de primeira categoría e aí é o gran desafío que lle marcamos aos participantes. Chegar arriba para aqueles con menos capacidade xa é un logro e os que teñen máis intentan facelo o máis rápido posible para comparar tempos de anos pasados.

- A idea é amosar á xente o entorno no que medrou?

- Si, é unha forma de promover Moaña, O Morrazo e as estradas polas que eu adestro a diario. O cicloturismo é visitar zonas a través da bicicleta e gozar de lugares montado nela.

-A presenza de persoas importantes do ciclismo xera un maior seguimento do evento?

- Si, pero o que basicamente buscamos é que os participantes poidan compartir pedaladas cos ciclistas que teñen como referencia e tamén anécdotas porque, ao final, isto é unha festa da bicicleta.

-Como é o percorrido do domingo por O Morrazo?

- É unha proba de 100 quilómetros que sae dende Moaña e recorre todo O Morrazo. Hai 2.000 metros de desnivel, primeiro facemos unha volta á zona e temos unha parada de avituallamento en Vilaboa, pero ó final hai unha última subida ó alto de Chandarquiña. O tempo depende de cada ciclista e sobre todo no último porto. Estimamos saír dende as nove e chegar á unha da tarde.

- Espera unha mellor acollida que nas últimas edicións?

- Pouco a pouco, todos os anos van aumentando as suscricións, rondaremos os 300 inscritos. Estamos traballando para consolidar a proba dentro dun calendario galego e nacional de cicloturismo. Apostamos polo cicloturismo real para desfrutar da bicicleta e que cada un busque o seu desafío persoal.

-Centrando o foco en vostede, que balance fai da tempada?

- Este ano foi bastante difícil, sobre todo nos primeiros meses polo tema das lesións. A luxación no ombreiro e romperme o quinto metatarsiano supuxeron demasiados contratempos dos que tiven que repoñerme. Cambiei os obxectivos e nesta segunda parte da tempada estou atopándome mellor. Pouco a pouco busco a oportunidade de gañar, aínda que sexa complicado.

-Que obxectivos se marca ata o final de curso?

-Agora estamos en Burgos e estou en boa condición nunha carreira de moito nivel. Sabemos que gañar é difícil, hoxe (por onte) intenteino pero sen fortuna.

-Mirando ó final de tempada, ten o seu futuro decidido?

- Estou contento e agora estamos tratando a continuidade de cara ó ano que ven pero non está pechada. Estamos en conversa e, a priori, a miña opción é continuar en el mismo equipo, aquí en Francia.

El Náutico de Vigo organiza la Regata Mar de Maeloc Rías Baixas, que ha logrado su objetivo para esta edición de alcanzar los 70 cruceros que representarán a las flotas de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco y Portugal, con unos 600 regatistas a bordo. La señal de salida al filo de la una y media de la tarde hoy desde la zona central de la ría de Vigo.

El Cangas continúa su preparación para la que será su vigésima temporada en Asobal. El equipo de Nacho Moyano visita hoy al Gaia en un encuentro programado para las 19.00 (hora portuguesa). Después les espera la Copa Galicia, con un enfrentamiento ante el Carballal el viernes, y el sábado ante el Aguas Santas.

El Municipal de Barreiro acogerá hoy la cuarta edición del Memorial Ricardo Lores «Caito», en memoria del antiguo presidente del Gran Peña fallecido en 2013, a las 19.30 horas. Los vigueses juegan su primer partido de pretemporada ante el Alondras de Tercera. Además, el precio de las entradas es de cinco euros.

Cuarenta palabras y solo diez errores permitidos. José Rial tuvo once. El resultado de uno de los exámenes de la oposición de Guardia Civil está, en parte, detrás de la vuelta a la pista del exjugador del Teucro y uno de sus capitanes la última temporada. Decidió dejar el balonmano después de un año complicado para centrarse en su carrera profesional, hasta ahora lo había dado todo por la deportiva.

Cuando acabó el instituto sabía que a medio plazo quería estar en la unidad del Seprona de la Guardia Civil. «Siempre tuve vocación, iba a hacerlo al acabar el bachillerato, pero se cruzó el balonmano, así que estudié Ingeniería Forestal y espero que mi destino sea el Seprona», comenta Rial, que casi se sabe de memoria las 40 palabras del examen del pasado 13 de abril. Solo un error le apeó de su sueño. La otra parte la había sacado sin dificultad. «Avate, trastabilló, mensagero, avalorio, errumbrosa o halodio» son algunos de esos términos que tenía debía señalar si estaban bien o mal escritos.

Al no superar la oposición, dio un sí a uno de los clubes que en los últimos meses lo había sondeado. Tras la desaparición del Octavio, nació con parte de los que integraban ese equipo, el Reconquista de Vigo. Echará a andar esta temporada en Segunda Nacional, aunque intentará que sea en Primera. «Si hubiese aprobado no seguiría en el balonmano porque tendría que estar nueve meses en la academia más otros nueve de prácticas», comenta Rial, quien después de ocho años en la élite, podrá compaginar todo sin dificultad. «Me decidí a jugar aquí porque lo tengo al lado de casa y no me supone el compromiso ni la exigencia de otros años, ojalá podamos ascender, pero no es lo mismo», reconoce el lateral izquierdo. Y es que en la última temporada el nivel de entrenamientos y desplazamientos era demasiado elevado para poder atender a todo. Solo llevaba un año estudiando y sabía que era difícil superar la prueba, pero ahora le duele ver que solo fue por una falta.

El canterano del Baloncesto Nigrán Víctor Villadóniga realizará la pretemporada con el Obradoiro de ACB. El jugador, que inició su trayectoria en las escuelas deportivas de Gondomar, pasó de ahí al equipo nigranés de la mano de Nuria Gómez y hace tres años llamó la atención del Obradoiro, con el que ahora da un paso más.

David Domínguez, debutante en la categoría esta temporada, sigue acumulando experiencias con el maillot del Vigo-Rías Baixas y en la Vuelta a Palencia fue el mejor clasificado del equipo. El ciclista catalán terminó 39º en la general de una carrera dominada por el Caja Rural, que se adjudicó el maillot de líder y tres etapas.