15.000 persoas acudiron ao Festival de Cans

La Voz O PORRIÑO / LA VOZ

VIGO

Cedida

Un público «diverso e interxeracional» desfrutou dos catro días de actividades

29 may 2019 . Actualizado a las 11:49 h.

O Festival de Cans bateu na súa décimosexta edición o récord de asistencia de público ao chegar ás 15.000 persoas. O bo tempo animou durante os seus catro días de duración para que acudise un «público diverso e interxeracional» que esgotou todas as sesións con entradas á venda, tanto das seccións a concurso como das actividades e das sesións paralelas, apunta a organización. Seccións como FuraCans ou o Jalpón dos Oscar venderon todas as localidades días antes do comezo do festival. O merchandising propio do festival tamén segue a ter unha gran demanda.

Os promotores do festival sinalan que a colocación da estrela do Gran Wyoming no Torreiro fora xa un dos momentos estelares do festival. Máis de mil persoas aclamaron ao showman e actor ao berro de “Presidente, Presidente” mentres este facía un monólogo improvisado entre o numeroso público. Wyoming colocou a súa estrela xusto antes do concerto de Dakidarría, o máis multitudinario dos celebrados en sesión de tarde en toda a historia do festival